Thursday 16 de May de 2024

Entrega dos composteiros da campaña desenvolvida conxuntamente con SOGAMA


Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente de Ordes, fixo entrega dos composteiros da campaña levada a cabo conxuntamente con SOGAMA. Nesta quenda entregáronse 65 unidades de 350 litros de capacidade, sendo máis de 110 as unidades repartidas entre a veciñanza dende finais de 2015. Con este tipo de iniciativas quérese reducir a produción de residuos en orixe e maximizar o aproveitamento da materia orgánica a través da súa conversión en compost. Con isto diminúese a frecuencia de recollida e transporte do lixo coa conseguinte baixada do importe da factura polo dito servizo, ademais de reducirse as emisións de CO2.
A través da páxina web www.compostaconsogama.gal pódese consultar toda a información para facer compost correctamente. Nela inclúense vídeos divulgativos, xogos en liña para escolares e incluso un titorial sobre como fabricar composteiros a partir de diversos materiais reutilizados.